O EQUIPO DE RUNNING MQA GOZOU DA SAN SILVESTRE DE VIGO COMO MÁIS QUE YAY@S!

02/01/2024

A San Silvestre é unha das citas do ano, pero neste caso non polo deporte, senón por ser unha data moi especial, polo seu carácter festivo e benéfico e pola posibilidade de esquecer a competición para centrarse nun paseo de amigos e familia.

 

E así foi como o grupo de running Máis que Auga viviu a San Silvestre de Vigo 2023, como unha festa e de disfraces! E en festa e alegría ninguén nos pode gañar!  Como xa vos contabamos, o disfrace deste ano era de avoas/os e os nosos runners non decepcionaron. Luciron os seus mellores galas, cuns bigotes fermosos, bastóns e panos ou boinas que fixeron as delicias de todos. Tanto, que Máis que Auga levou o terceiro premio ao mellor disfrace por equipos adultos, mentres que en nenos quedamos co primeiro posto.

Pero isto é só unha anécdota! O importante é que a San Silvestre recuperou o brillou de antes da pandemia, batendo récords de participación. Unha vez máis, Máis que Auga colaborou coa organización entregando gorros de Papa Noel verdes a todas aquelas persoas que se achegaron  con alimentos non perecedoiros, que foron recollidos por Banco de Alimentos de Vigo, para axudar a aquelas familias que o necesitan.

 

A cita reuniu na Porta do Sol a varios miles de persoas, dispostas a realizar os 4,5 quilómetros do percorrido desta proba, camiñando, correndo, en triciclo… pero sempre cun sorriso na boca para despedir o ano 2023. No noso grupo de runners por suposto que non faltou ese sorriso e ese bo humor que mostran ao longo de todo o ano nos momentos máis complicados. Agora, a pensar no 2024 e novos retos por alcanzar, xunto á familia Máis que Auga!