O domingo 23, nova cita coa marcha nórdica de Beade a Bembrive

16/02/2020

Trala primeira marcha nórdica do mes de xaneiro, temos gañas de máis! Así que xa estamos preparados para un novo reto! O domingo 23 de febreiro (a partir das 10:00 horas) faremos a ruta Beade-Bembrive, de pouco máis de dez quilómetros, con saída dende o parque forestal de Beade.

 

A ruta comezará no parque forestal de Beade, pasará por detrás do Mercantil e continuará ata o campo de beisbol dos Halcóns de Vigo, para seguir baixando ata o parque forestal de Pouso (Bembrive) e regresaremos pola senda do río Eifonso.

 

Esta segunda etapa do noso circuito de Marcha Nórdica conta con novidades. A primeira foi o cambio de data, que foi provocada polas petición dos propios participantes así como polas previsións meteorolóxicas e para evitar coincidencia con otros eventos deportivos. Así que finalmente faremos esta marcha o día 23!

 

Ademais, faranse dous grupos, un de trail  e outro para os que so desexan camiñar, aínda que haberá bastóns de marcha nórdica para quen queira. E no caso de que te quedes con gañas de máis, haberá a opción de ampliar o percorrido de trail con 4 quilómetros máis. E non esquezades que debedes levar calzado cómodo, que non meta auga (botas ou zapatillas de montaña). O percorrido ten unha dificultade media, con zonas cunha pequena subida. E para rematar, unha das cousas máis importantes, cando finalice a marcha comeremos todos xuntos, así que non olvidedes levar comida e bebida.

 

Esta actividade será gratuíta para os nosos abonados, que só deberán abonar o seguro obrigatorio (10 euros) unha vez, xa que cubre todas as actividades do ano. Así que se xa o tes, so debes inscribirte nas recepcións dos nosos centros.

 

Para aqueles que non a coñezan, a marcha nórdica consiste en andar cuns bastóns especialmente deseñados para esta actividade, co obxectivo de optimizar o esforzo físico realizado no movemento biomecánico do noso corpo ao andar. É unha actividade recomendada para todos e todas, xa que non se necesita unha preparación física especial.

 

Así que se queres pasar un bo rato en compañía, cos teus amigos ou xente que aínda non coñeces, pero que seguro que será divertida e con gañas de emprender novos retos, esperámosvos!!!

 

*Podes consultar as dúbidas que teñas nas recepcións dos centros.