O DOMINGO 16 DE ABRIL POÑEREMOS A PROBA A VOSA ORIENTACIÓN EN MONTEFERRO!

04/04/2023

Planazo para o domingo 16 de abril que podemos realizar con amigos, en familia e mesmo coas nosas mascotas! Continuamos coa nosa programación #OutExperience e imos realizar unha das probas que máis vos sorprenden e divirten: A orientación.

 

 

Desta forma, o 16 de abril imos a Monteferro (Nigrán), un lugar xa de seu máxico, para realizar a nosa proba de orientación, que terá como punto de encontro o Monumento a la Marina Universal (09:30 horas).

 

Programación

A actividade comezará ás 09:30 horas coa charla técnica na que se vos explicará o funcionamento. A todas e todos os participantes entregaráselles un mapa no que se marcarán as balizas, que son as que haberá que atopar ao longo da actividade, que comezará ás 10:00 horas.

 

A proba realizarase en dúas distancias (curta e longa) e en catro modalidades: Carreira, sendeirismo, familias e mascotas. A duración máxima da proba será de 2 horas e 30 minutos, e a partir de aí haberá penalización. Como vos comentamos antes haberá dúas distancias, a curta será de 4 quilómetros aproximadamente e 10 balizas e a longa de 7 quilómetros e 20 balizas.

 

Xa sabedes, que apuntarse é moi sinxelo. Achégate á recepción de calquera dos nosos centros e reserva a túa praza (seleccionando a distancia e a modalidade, aínda que no propio día poderíase modificar). É unha actividade gratuíta para os nosos socios/as (aínda que deberán ter vixente o seguro anual para poder realizar actividades no exterior, que ten un prezo de 10 euros). Os non abonados adultos, ademais do seguro obrigatorio, terán que pagar 4,25 euros pola saída e no caso dos menores o prezo será de 2,80 euros. As persoas interesadas poden inscribirse na recepción de calquera dos nosos centros ata completar o aforo.

 

Ahhh, non vos esquezades de levar calzado e roupa cómodos, adecuados para este tipo de actividades. Como sempre que realizamos actividades no exterior, estaremos moi pendentes das previsións meteorolóxicas, por se hai que levar roupa de abrigo ou ben o contrario (protección solar e gorra).

 

A continuación, tedes as ligazóns co punto de encontro e do álbum de fotos da última proba, onde os nosos participantes gozaron e moito.