O DOMINGO 13 DE NOVEMBRO, IMOS DE ANDAINA AO MONTE VIXIADOR

04/11/2022

Regresan as nosas andainas Outexperience! O domingo 13 de novembro imos realizar a andaina polo Monte Vixiador, unha proposta que tivéramos xa marcada para o mes de outubro pero que tivo que aprazarse.  Así que, se queres coñecer o plan, segue con nós!

 

A cita será no Monte Vixiador e comezaremos a nosa caminata ás 10:00 horas. Será un percorrido de 11 quilómetros polo parque forestal, gozando da súa zona boscosa e dos seus marabillosos miradoiros. A andaina terá unha duración aproximada de 2 horas e media e xa sabedes que haberá tempo para o deporte, pero tamén para a convivencia e para gozar da natureza. Como sempre, uns recordatorios: Non esquezades levar calzado moi cómodo, roupa adecuada para facer deporte e algo para beber e comer. Ahh, e non esquezades ver as previsións meteorolóxicas por se é necesario meter algo de máis abrigo ou un chubasqueiro. Ademais, se o tempo acompaña e os apetece, podemos quedar comer todos xuntos ao remate no merendeiro do Vixiador.

 

Só nos queda lembrarvos que todas as persoas interesadas poden reservar a súa praza na recepción dos nosos centros ata completar o aforo.  A pesar de que xa se pechara o grupo na data orixinal, comezaremos de cero, xa que é posible que algúns dos apuntados non poidan acudir este domingo 13.

 

É unha actividade gratuíta para os nosos socios/as (aínda que deberán ter o seguro anual para poder realizar actividades no exterior, que ten un prezo de 10 euros e unha vixencia dun ano). Os non abonados, ademais do seguro obrigatorio, terán que pagar 4,25 euros pola saída.

 

Aquí tedes a ligazón co percorrido en Strava da andaina polo Monte Vixiador.