O 11 de abril, tríatlon indoor en Máis que Auga Barreiro con Antonio Serrat e Omar González

27/03/2015

Antonio Serrat e Omar González serán os grandes invitados a participar no tríatlon indoor, que celebraremos o día 11 de abril en Máis que Auga Barreiro.

Será unha experiencia diferente á que estades invitados. Aquí atoparedes a normativa da proba e toda a información que necesitades para inscribiros. Os participantes terán que realizar 250 metros de natación, 10 quilómetros de ciclismo e 2,5 de carreira a pe.

Ao remate da proba, teremos charla co triatleta vigués Antonio Serrat e o adestrador de tríatlon Omar González, que desvelarán algúns dos secretos do seu traballo.

Normativa triatlón Indoor MQA

Esperámosvos!

 

11082176_1024539377573341_4561895144012934278_o