O DEPORTE E UNHA BOA ALIMENTACIÓN, CLAVES PARA COMBATER A PSORIASE

29/08/2021

Sempre vos comentamos o importante que é a práctica deportiva para o noso corpo e que é unha das “menciñas” máis efectivas contra moitas enfermidades, e neste caso sen efectos secundarios negativos.

 

Hoxe presentámosvos un artigo de El País no que se fala sobre a psoriase, unha enfermidade crónica da pel que causa manchas vermellas e escamosas que pican, e que aparecen sobre todo nos xeonllos, os cóbados, o tronco e o coiro cabeludo. Como vos acabamos de comentar é unha enfermidade crónica, que xurde en brotes, pero cunhas pautas marcadas polos especialistas pódese facer que esas aparicións repentinas diminúan e/ou sexan menos virulentas.

 

E segundo explican os especialistas neste artigo, o deporte é fundamental: Segundo o  dermatólogo Vicenç Rocamora, ata nun 30% poden reducirse os efectos da psoriase se se realizan exercicios curtos pero intensos con regularidade. “Basta con saír a correr 20 minutos ou camiñar rápido durante tres cuartos de hora ou facer unha hora de bicicleta, depende do paciente, para que o sistema  inmunolóxico se active, como un policía que vixía se hai algo anómalo e actúa”, ilustra este especialista do hospital de  Manacor (Mallorca).

 

Rocamora conta que o primeiro que lles di aos seus pacientes de psoriase cando entran na consulta é que deixen de fumar. O segundo é que fagan deporte. E o terceiro, que coman ben.

 

“Non existe unha dieta específica para diminuír os efectos da psoriase no corpo. Non hai ningún alimento que consiga un efecto inmediato ou algunha comida que desemboque nun brote nada máis inxerila, trátase de seguir a dieta mediterránea”, segundo a farmacéutica e  nutricionista Antonieta de Andrés. Iso si, hai alimentos a evitar: As graxas malas son prexudiciais igual que as fariñas obtidas de cereais procesados como o trigo ou os doces.

 

A continuación, tedes a ligazón ao artigo íntegro do País, que é moi interesante e completo.

E coma sempre…. Pon un pouco de deporte na túa vida!!