O DEPORTE, CUARTO ALICERCE NA ESTRATEXIA DA SAÚDE PÚBLICA PARA COMBATER A COVID-19

11/10/2020

O deporte é un alicerce fundamental na estratexia da saúde pública para combater a COVID-19. Esta é a conclusión que podemos extraer tras ler o manifesto elaborado pola Fundación España Activa, no que se evidencia a importancia do deporte na loita contra a COVID-19, tanto na prevención como na recuperación de persoas afectadas.

 

A través deste informe, a entidade solicita o recoñecemento da contribución activa e positiva dos centros deportivos como instrumento integral e fundamental de protección da poboación fronte a pandemia e a necesidade de mantelos operativos e accesibles durante esta crise.

 

Lembra a Fundación que os centros deportivos son elementos crave tanto para a prevención de  contaxios (o exercicio físico regular reforza o sistema  inmunolóxico) como para a recuperación posterior de pacientes, como xa están a demostrar diferentes estudos en marcha. E da suma de todo isto,  afirman que o exercicio regular debería considerarse como o cuarto alicerce dunha estratexia de prevención contra a COVID-19:

  • Distancia social
  • Hixiene constante de mans
  • Uso de máscara de protección
  • Práctica diaria de exercicio físico

 

Por todo iso, a Fundación España Activa manifesta:

  •  O exercicio e o deporte son a poli-pílula máis eficaz e eficiente para construír unha sociedade máis capaz, máis feliz e máis sostible. A investigación demostrou de forma contundente e indiscutible que é un instrumento crave de promoción e prevención da saúde, de aforro en custos sociosanitarios, de activación social e económica, e de contribución efectiva ao desenvolvemento sostible e á conservación do planeta.
  • No caso concreto da COVID-19, a práctica regular do exercicio e o deporte é un factor fundamental de protección contra a enfermidade e contra as súas posibles consecuencias, reforzando o funcionamento do sistema  inmunolóxico e reducindo os factores de risco asociados (enfermidades respiratorias, cardiovasculares e  metabólicas, con especial atención á obesidade e as súas complicacións).
  • Os centros deportivos definiron desde as súas orixes á hixiene das súas instalacións como un dos alicerces fundamentais na súa proposta de valor. Ademais, utilizan procedementos estandarizados de avaliación e prescrición de exercicio adaptados ás necesidades e capacidades de cada persoa, baixo unha adecuada supervisión profesional en todo momento.
  • Mediante un compromiso responsable baseado na aplicación de protocolos e medidas de seguridade específicas anti-COVID-19, os centros deportivos demostraron que son un espazo público ideal para facer fronte á pandemia.
  • Desde a Fundación España Activa e  a FNEID (Federación Nacional de Instalacións Deportivas) solicitamos o recoñecemento da contribución activa e positiva dos centros deportivos como un instrumento integral e fundamental de protección da poboación fronte á crise do COVID-19, que debe por tanto manterse plenamente operativo e accesible durante a duración da pandemia.

Nesta ligazón poderedes ler o manifesto ao completo.