O deporte cambia o teu corazón

O deporte é o mellor medicamento para a saúde e sen efectos secundarios. Os beneficios da práctica deportiva son incalculables e afectan a moitas partes do corpo, sendo o corazón un dos músculos  que máis o agradece, xa que reduce o risco de cardiopatías e outras enfermidades cardiovasculares.

A actividade física mellora a eficiencia do corazón, estimula a circulación dentro do músculo cardíaco, reduce a presión arterial e aumenta a circulación en todos os músculos.

Pero sabiades que dependendo da práctica que realices o corazón cambia? O mesmo que sucede co corpo, que se moldea de forma diferente segundo o deporte que practiques.

Non os perdades este interesante artigo do País  Corazón e deporte