O concurso do ano gratis xa ten gañador

16/07/2015
Rubén Limes Domínguez foi o gañador do ano como socio gratis en Máis que Auga  grazas ao concurso realizado a través das nosas redes sociais. Todas e todos os participantes só tiñan que compartir o post do minidocumental de presentación de Máis que Auga e automáticamente entraban no sorteo. O concurso finalizou o mércores 15 de xullo, despois de sete días, e os datos son os seguintes:
-Polo  facebook foron 23.144 as persoas que recibiron a peli de Máis que Auga;  360 compartidos e 109 me gusta.
-Polo twitter: 2.881 impresións, 103 compartidos, e 12 favoritos.