O CONCELLO DE VIGO RECOÑECE A MÁIS QUE AUGA POLO SEU APOIO AO DEPORTE VIGUÉS

13/04/2023

Máis que Auga foi unha das empresas viguesas homenaxeadas polo Concello de Vigo en agradecemento ao seu apoio ao deporte da cidade. O acto, que se celebrou onte mércores 12 de abril no Museo Marco, foi presidido polo alcalde Abel Caballero, quen destacou o esforzo destas empresas por apoiar tanto a entidades como deportistas no seu día a día.

Este recoñecemento, que se celebra desde hai xa varios anos, converteuse no acto principal previo á Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca, na que se elixen aos mellores deportistas (absolutos e promesas) de cada ano. Na edición deste ano, que se celebrará o día 20 de abril, premiarase aos mellores deportistas do ano 2023.

 

Desde o primeiro día, Máis que Auga entendeu que o seu compromiso coa cidade vai máis aló de ser un centro deportivo máis, e entre os seus acenos de identidade figuran a promoción do deporte, dos hábitos saudables e da interacción social a través do deporte. Ademais, nestes 12 anos de vida, a empresa colaborou e/o colabora con moitas entidades deportivas, eventos e deportistas a nivel individual, tales como o Celta de baloncesto feminino, o Amfiv en cadeira de rodas, e deportistas como Antonio Serrat ou Chano Rodríguez, entre moitos outros.