Máis que Auga Navia, despois do verán

 

Máis que Auga está a investir 11 millóns de euros na construción e dotación do súa terceira grande instalación en Vigo, Máis que Auga Navia, que entrará en servizo no terceiro trimestre de 2015. Navia é a máis completa e moderna instalación feita en Vigo por una empresa da cidade. Dispón de 16.000 metros cadrados cubertos para a práctica deportiva, que inclúen 8 pistas de pádel panorámicas, 4 salas de actividades, sala de fitness de 1.000 metros cadrados, tres piscinas para natación, balneario e aprendizaxe.

A instalación de Máis que Auga dispón dun servizo especial de ludoteca para actividades e deporte para os máis pequenos e un grande aparcamento, que será gratuíto para os socios de Máis que Auga.