O Celta de baloncesto presenta en Máis que Auga as súas novas fichaxes

26/09/2016

O Clube de Baloncesto Celta Zorka presentou hoxe nas instalacións do centro Máis que  Auga de Navia, as súas dúas novas fichaxes para esta tempada, as americanas de orixe nixeriano,  Cecilia Oyoke e Daisy Alaeze. As xogadoras que, prácticamente acaban de chegar a Vigo, amosáronse  encantadas coas instalacións deportivas de Máis que Auga onde a partir de agora acudirán para cumprir coa sua preparación física tal e como fan xa o resto das súas compañeiras do primeiro equipo.

E é que, gracias  a un convenio de colaboración que existe entre as dúas entidades, as xogadoras do Celta Zorka poden usar de balde o complexo deportivo. Esta colaboración enmárcase dentro da filosofía de Máis que Auga de apoiar e premiar o esforzo dos deportistas locais como de feito xa fai  coa paratriatleta Susana Rodríguez, do nadador paralímpico Chano Rodríguez, do triatleta Antonio Serrat e do piragüista Carlos Pérez.

Na presentación desta mañá, as dúas xogadoras estiveron acompañadas do presidente do Celta Zorka, Carlos Álvarez, do segundo adestrador, Nacho Silva e do director de Máis que Auga, Francisco Cortegoso.

Oyoke, de 25 anos, 1,85 metros de altura, e experiencia europea en Polonia e Eslovenia xogará como ala pivot. Dende o punto de vista técnico, aportará  forza e contundencia en posicións interiores. Esta xogadora formouse na Universidade de McNeese

Daisy Alaeze 22 anos e 1,78 metros de altura,formouse  na Virginia Commonwealth University e xogará como escolta. Técnicamente, ha proporcionar un xogo moi físico, alegre e divertido. Para ambas xogadoras ésta é  a súa primeira experiencia en España