O CAMPUS DE SEMANA SANTA DE MQA OFRECERÁ DEPORTE E DIVERSIÓN PARA OS NOSOS PEQUES

13/03/2024

Semana Santa está aí, case asomando, e iso significa uns días de descanso e vacacións, sobre todo para peques da casa. Pero aquí comezan os problemas. As vacacións escolares non coinciden coas laborais e iso supón, normalmente, problemas para compatibilizar horarios.

 

En Máis que Auga Navia ofrecemos unha proposta que pode “salvarche a vida” neses días laborais e ademais ofréceche a confianza de que sabes que os teus fillos/as estarán a realizar actividades saudables, nunhas fantásticas instalacións e baixo a tutela dun persoal profesional e cualificado.

 

E que é o que temos preparado para os nosos pequerrechos e pequerrechas? O Campus de Semana Santa de Máis que Auga Navia! Serán tres días de campus (25, 26 e 27 de marzo) para nenos/as de 3 a 12 anos nos que teremos actividades, principalmente centradas no deporte. Así haberá piscina, zumba, crostrainning, pádel, circuíto de psicomotricidade, habilidades ximnásticas ou bailes de Tik Tok, nos que a actividade física e a diversión están aseguradas. Ademais, os peques coñecerán a novos amigos e amigas, ao ser un punto de encontro con personitas da súa idade.

 

A continuación, deixámosvos a programación destes tres días, para que poidades consultala, clicando na seguinte ligazón.

Horario e prezos

O Campus de Semana Santa celebrarase en Navia os días 25, 26 e 27 de marzo en horario matinal (de 09:00 a 14:00 horas), aínda que existirá a posibilidade de ampliar o horario para aqueles participantes que o necesiten (de 8:00 a 15:30 horas).

 

O custo dos tres días deste campus será de 75 euros para os non abonados e de 65 para aqueles que sexan socios de Máis que Auga. Ademais, se necesitades o horario ampliado, abonaranse dez euros máis. Podedes contratar o campus ou solicitar maior información, na recepción dos nosos centros.