Fase decisiva
no Campionato
de pádel
Concello de Vigo

28/06/2016

O IV Campionato Concello de Vigo entra na fase decisiva en todas as categorías. A partir do xoves quedan pechados os enfrontamentos de cuartos de final na principal categoría masculina. No grupo feminino de cabeceira quedarán decididas dúas das catro parellas que loitarán nas semifinais do sábado día 9.

Tamén na categoría mixta disputarase o último partido pendente para establecer a semifinais que se celebran o domingo.

As 16 pistas de pádel de Máis que Auga en Barreiro e Navia seguen a recibir diariamente as ducias de parellas inscritas nas catro categorías masculinas e tres femininas, ademais dos infantís e alevíns que celebran os seus partidos a partir do dia 9.

Ademais de bater un récord de participación, con 226 parellas, a calidade dos participantes é o máis destacable deste IV Campionato Concello de Vigo celebrado nas pistas de Máis que Auga: interveñen un total de 60 xogadores federados nas categorías masculina e feminina, pertencentes aos principais clubes de pádel da provincia.

+ INFO