O 70% DAS NENAS E O 40% DOS NENOS NON PRACTICA SUFICIENTE EXERCICIO PARA UNHA VIDA SAUDABLE

25/05/2022

O 70% das nenas e o 40% dos nenos españois non practica suficiente exercicio para unha vida saudable. Este é un dos datos máis destacado que se extrae do estudo  Genobox, elaborado conxuntamente polos hospitais Reina Sofía (Córdoba), Santiago de Compostela (Galicia) e Miguel  Servet (Zaragoza), xunto cun grupo de investigación de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Granada.

 

No devandito estudo analizaron a 1.600 nenos de entre 6 e 10 anos, e aínda que moitos non desenvolveran aínda as enfermidades derivadas destas alteracións (como  hipertensión arterial ou diabetes tipo 2), é un aviso do que virá. Estamos ante complicacións que, no futuro, se non se fai nada, derivarán a unha enfermidade xa definitiva, sen volta atrás.

 

Cales son as causas destes datos arrepiantes? Pouco exercicio, mala alimentación e enganche ás pantallas, situación que xa viña arrastrando nos últimos anos e que se viu agravado pola pandemia. A realidade que mostra este estudo é que 7 de cada 10 nenas e 4 de cada 10 nenos non fai nin unha hora diaria de exercicio, que é o mínimo que recomenda a Organización Mundial da Saúde.

 

Neste artigo de  NiusDiario, Mercedes Gil, pediatra e coordinadora da Unidade de Metabolismo do Hospital Reina Sofía (e participante neste estudo), sinala que “non só son datos do noso estudo, senón que é unha realidade que se reflicte a nivel nacional. O estudo  Aladino do Ministerio de Sanidade demostra que nas últimas décadas a obesidade infantil non fixo máis que aumentar. Os valores son altísimos, máis do 40% dos nenos españois teñen sobrepeso ou obesidade, e estamos a falar de nenos de primaria. O tema é moi serio”.

 

“Ademais comprobouse que as cifras se agravan na adolescencia”. Nestas idades a porcentaxe de rapaces que deixan de facer exercicio é enorme. A gran maioría non fai nada, ningún tipo de exercicio diario, e iso é moi relevante”, apunta. “Os valores caen en picado, aínda máis entre as mozas, que xa eran as que menos exercicio facían na infancia”.

 

Deixámosvos a ligazón con este interesante artigo, para que poidades lelo en profundidade.

E como podemos loitar contra este grave problema? Temos na nosa man cambiar esta dinámica e agora, no verán que os nenos están na casa, é o momento de romper e comezar a realizar moita máis actividade física, comida máis san (escapar dos alimentos procesados e apostar polas froitas e verduras). Ademais, co bo tempo é o momento para aparcar as pantallas e animar aos máis pequenos/as a xogar, a saír á rúa, a coñecer outros sitios, a participar en campus de actividade física…

 

En  Máis que  Auga temos á vosa disposición os campus de verán Multideporte, nos que a actividade física e os xogos ocupan un papel primordial. O campus de verán de  Máis que  Auga celebrarase nas instalacións de Navia do 27 de xuño ao 29 de xullo, para nenos/ as de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Na seguinte ligazón tedes toda a información sobre os campus.

E para finalizar, tamén queremos lembrarvos que no verán realizamos os cursos intensivos de natación en iniciación ou perfeccionamento, que teñen o obxectivo prioritario de traballar a natación. Son cursos semanais (unha clase dunha hora durante cinco días) que podedes realizar durante o mes de xullo en calquera dos nosos centros.