O 65% dos mozos galegos de menos de 17 anos ten sobrepeso

08/08/2019

O 65 por cento dos mozos galegos de menos de 17 anos ten quilos de máis ou é obeso. Este é o resultado dun estudo realizado en 22 centros escolares galegos e cunha poboación de 1.700 alumnos/ as de entre 13 e 17 anos. Este informe, coordinado por profesores das Facultades de Ciencias da Educación e o Deporte de Vigo e A Coruña, advirte de que case o 70% dos mozos fai menos deporte do que debería.

Este estudo permitiu descubrir que no paso da infancia á adolescencia o incremento de peso nos nosos menores é moi importante: Na poboación de 13 anos a porcentaxe de nenos con sobrepeso é do 30%, mentres que ao cumprir os 17 anos, esa porcentaxe alcanza o 65%.

E o máis importante é que este problema non é sinxelamente estético, senón que ten unha incidencia grave na saúde xa que a gordura dispara o risco para ter diabetes, patoloxías cardiovasculares e algún tipo de cancro.

Por iso é fundamental facer deporte desde mozos e en Máis que Auga pódese acceder a sala fitness a partir dos catorce anos e poden utilizar as nosas máquinas. Ademais sempre están os nosos técnicos para aconsellar cal é a actividade máis adecuada á idade e condición de cada persoa, así como a duración das mesmas.

Entre a programación de Máis que Auga tamén temos actuacións dirixidas aos nenos e mozos tanto en sala (zoa, wodfit…) como en auga (cursos de natación, aquagym…), que lles permitirá realizar actividade física dunha forma divertida e lúdica.

E na nosa aposta por fomentar hábitos de vida saudables, hai que destacar o servizo de nutrición existente en Navia, dirixido por Concepción Adrover, dietista de Máis que Auga e técnica superior en dietética. Con este servizo, ademais de vixiar a túa alimentación, podes coordinalo con actividade física e ser controlado por parte da dietista.

No documento adxunto poderedes ler o artigo de Faro de Vigo desta semana no que se analizan os resultados do estudo realizado pola Universidade de Vigo.