O 27 DE XANEIRO COMEZA A TEMPADA DE PRIMAVERA DA LIGA DE PÁDEL MÁIS QUE AUGA

14/01/2023

O 27 de xaneiro arrinca a tempada de primavera da Liga de Pádel Máis que Auga e… aínda estás a tempo de inscribirte! O prazo para incorporarte á Liga finaliza o próximo día 22 de xaneiro e podedes realizar a xestión a través da páxina web de Máis que Auga.

 

Como xa sabedes todos os seguidores deste deporte, Máis que Auga celebra desde hai máis dunha década a súa Liga de Pádel, que é unha das máis veteranas e con máis prestixio de Galicia,  e é un evento que se divide en dúas tempadas: Inverno e Primavera.

 

A XII Liga de Pádel Máis que Auga comezou no mes de outubro coa celebración da tempada de Inverno e posteriormente disputarase Primavera, que finalizará no mes de xuño. A Liga de Inverno está dividido en dúas fases (de seis semanas cada unha) e precisamente mañá finaliza o torneo e coñeceremos aos vencedores. Os gañadores da Liga de Inverno participarán o próximo día 22 de xaneiro no Galicia Pádel Cup, que se celebrará en Santiago (Pádel Compostela), un torneo interclubs de gran nivel, xa que só participan os gañadores de varios torneos que se celebran por toda Galicia.

 

E tras este evento a nivel galego, no que estaremos moi ben representados, daremos inicio á tempada de Primavera Máis que Auga, que estará dividida en tres fases e que finalizará no mes de xuño.

 

Por iso, se aínda non estás inscrito na liga Máis que Auga, este é o momento. Poderás realizalo antes do 22 de xaneiro (ficha límite) a través da web de Máis que Auga. Xa sabes que a liga se disputa nas categorías masculina, feminina e mixta e en diferentes niveis (amarelo, laranxa, verde, azul e marrón).

 

O custo da inscrición será de 12€ para o abonado/a, de 16€ para os cursillistas e de 20€ para os externos. Na segunda inscrición terán un desconto de 10€. Aquí tedes a ligazón para incorporarvos á Liga, na que están asegurados os momentos divertidos, con amigos e rivais. Finalizamos a tempada de inverno con 370 xogadores/as e actualmente xa superamos os 400 e queremos seguir crecendo! Ademais, se quererías xogar, pero non tes parella de xogo, axudámoste a atopala. Nas seguintes ligazóns podes inscribirte e atopar parella.

Igual que sucede no inverno, na Liga Primavera os gañadores das diferentes categorías representarán a Máis que Auga na Galicia Pádel Cup, que se celebrará no Pádel Prix Santiago o 18 de xuño.