O 26 de xaneiro, masterclass gratuíta de kick-boxing  en Barreiro

22/01/2016

O vindeiro martes 26 de xaneiro celebrarase unha masterclass gratuíta de kick-boxing en Máis que Auga Barreiro.

Todas as persoas interesadas en acudir a esta clase (20.30 horas) poden inscribirse nas recepcións de calquera dos nosos centros ata completar  o aforamento (30 prazas). A clase será impartida por Miguel Ángel Rojo, cinto negro de kick-boxing e con 18 anos de experiencia ensinando esta modalidade deportiva. O kick-boxing é un deporte de combate xaponés no cal se mesturan as técnicas do boxeo coas dalgunhas artes marciais como o karate e o muay thai.

O kick-boxing é unha nova actividade que se poñerá en marcha en Máis que Auga Barreiro no  mes de febreiro.