O 23 DE SETEMBRO, MÁIS QUE AUGA CELEBRA O BEACTIVEDAY CON MASTERCLASS GRATUÍTAS EN TODOS OS SEUS CENTROS

18/09/2023

Máis que Auga súmase ao BeActiveDay, que se celebra o día 23 de setembro en toda Europa, dentro do marco da Semana Europea do Deporte (do 23 ao 30). O obxectivo fundamental deste día é destacar a importancia da actividade física no benestar físico, mental e social das persoas.

 

Desta forma, todos os centros asociados á Fundación España Activa, entre os que se atopa MQA, celebrarán, no primeiro día da Semana Europa do Deporte, o BeActiveDay cunha xornada de portas abertas. No caso de Máis que Auga ofreceremos 6 masterclass gratuítas (3 de mañá e 3 de tarde) de forma simultánea en todos os centros, na que poderán inscribirse tanto os socios/as como persoas externas, que poderán gozar ademais ese día de acceso gratuíto ao resto da instalación (ximnasio e piscina). E co obxectivo de abrir aínda máis as posibilidades, por se se acaban as prazas e hai persoas que quedan con ganas de coñecer as instalacións de Máis que Auga, o sábado pola tarde será xornada de portas abertas para acceder ao ximnasio, a piscina ou o spa. Neste caso, non é necesario reservar. Tan só deberán achegarse ata a recepción e dicir que veñen coñecer o centro. Por último, sinalar que todas aquelas persoas que se fagan socias ese día 23, non terán que abonar matrícula e poderán gozar do resto do mes de setembro gratis.

 

Como inscribirse? A inscrición poderá realizarse a partir do 20 de setembro e para os abonados será o procedemento normal, a través da nosa web, APP ou os quioscos no propio centro. No caso dos externos, terán que realizalo na seguinte ligazón, no que poderán elixir a clase ou clases que lles interesen:

En total serán 650 prazas para gozar dunhas masterclass, que teñen como obxectivo mostrar a importancia da actividade física no noso día a día para estar máis sans e felices. Pola mañá teremos as clases de zenyo, power e bike, mentres que pola tarde (a partir das 17:00 horas), será o momento de gozar con invicto, gluteboom e zumba.

 

A Semana Europea do Deporte é unha iniciativa da Comisión Europea que busca promover o deporte e a actividade física en toda Europa baixo o lema #BeActive (mantengámonos activos). En 2023 volverá celebrar de forma simultánea en todos os países membros da UE e outros do resto do continente que se foron sumando desde 2015, chegando a adherirse ata 40 países na edición de 2022.