O 22 de outubro celebrarase en Máis que Auga Navia un seminario de defensa persoal feminina, que ten como obxectivo ofrecer ás mulleres un instrumento para saber responder ante unha situación de violencia. Non é a primeira vez que se realiza esta actividade en Máis que Auga. Fai agora xusto dous anos, impartiuse este mesmo curso con máis de cen inscritas.
Este seminario, totalmente gratuíto, é organizado pola Asociación Woman Defense Solidaria, co patrocinio do Ministerio de Interior e estase celebrando por toda España. Con anterioridade estivo en Barcelona, Asturias, Madrid, Sevilla, Tenerife… e agora chega a Vigo e en concreto a Máis que Auga.
Jonathan Martínez, presidente de la asociación e instructor Nacional nivel 2 e cinturón negro de defensa personal feminina 3er Dan, explícanos que “serán catro horas de seminario moi dinámicas nas que aprenderás case sen querer”. Iso si, Jonathan insiste na necesidade de practicar en casa, para non esquecer o aprendido e “que o corpo reaccione de forma automática en caso dunha agresión”.
Como has de apuntarte? Podes facelo na recepción de Máis que Auga Navia ou ben chamando ao teléfono 672 001559. O prazo de inscrición abriuse onte mesmo e pecharase cando se cubra o aforo previsto (60 prazas). Este seminario de autopromoción feminina está adaptando a calquera tipo de complexión, idade ou estado físico. O único imprescindible, é vir con ganas de gozar e de aprender, xunto a fantásticos técnicos e outras mulleres como ti.
En 2021, celebrouse este seminario en Máis que Auga Navia en dúas sesións (sábado e domingo) e cun total de 100 participantes. A resposta foi moi positiva e este é o motivo polo que, dous anos despois, regresa a Vigo da man de Jonathan Martínez, un vigués que presume de selo.