O 21 de febreiro, festa de Entroido en Máis que Peques Navia con disfraces, xogos e manualidades

18/02/2020

Xa sabedes o que nos gusta en Máis que Auga unha festa, así que agora que o Entroido está á volta da esquina, xa estamos nerviosos, preparando a festa para os máis pequenos no Máis que Peques de Navia e os nosos disfraces para sorprendervos a todos e todas estes días!!!!

 

A festa será o próximo venres 21 de febreiro, a partir das 17:00 horas, e os nosos rapaces (a partir de tres anos) poderán gozar dunha tarde chea de sorpresas. Haberá xogos, manualidades, disfraces e por suposto merenda para recuperar forzas despois de tanta diversión! Como todos os anos teremos o noso concurso de disfraces, no que nosos nenos e nenas amosaron a súa proposta e ao remate do desfile premiaremos aos tres mellores disfraces.

 

O prezo da festa será de 8 euros para os socios de Máis que Auga, de 10 para non abonados e de 6 para os abonados da tarifa plana de Máis que Peques. Para poder participar debes inscribirte na recepción do centro ou en Máis que Peques.

 

E para os maiores? Pois como todos os anos queremos invitarvos a que usedes a vosa imaxinación e simpatía e veñades ás instalacións lucindo simpatía e disfrace, para botarnos xuntos unhas risas!! Xa sabedes que os acompañaremos. Os nosos técnicos e técnicas están traballando na súa indumentaria. En Barreiro se preparan para pasar un bo rato no Entroido a pesares de estar traballando e prometen sorprendernos coas súas vestimentas, en Navia faremos unha viaxe no tempo, ao fitness nos anos 90, con eses quentadores estilo Flashdance, mentres que en Coia coñeceremos da man dos nosos traballadores a diferentes tribos do mundo (hawaianos, vikingos, indios, trogloditas), así que as risas están aseguradas. Se queredes sumarvos, estaremos encantandos!