O 2022, ANO DA RETIRADA DA MÁSCARA E DE RECUPERACIÓN DE BOAS COSTUMES

30/12/2022

Estamos xa nas últimas horas do ano 2022 e é o momento de facer balance. En liñas xerais podemos dicir que este ano se caracteriza pola retirada da máscara dos interiores e pola recuperación dalgúns hábitos que xa tiñamos un pouco abandonados. E claro, a guerra de Ucraína, a crise enerxética, a subida dos prezos…. Pero,¡imos facer balance do ano en Máis que Auga!

 

OutExperience. O ano 2022 caracterizouse en MQA pola implantación firme das actividades #OutExperience. Non son novidade, pero non deixaron de crecer ao longo dos últimos anos para estourar agora: Camiños de Santiago, roteiros de BTT, marcha nórdica, sendeirismo, probas de orientación… A oferta non deixa de crecer e tamén a familia MQA OutExperience, que goza ao máximo da actividade física ao aire libre e en comunidade. E que dicir dos nosos runners? Presentes en todas as carreiras do circuíto Run-Run e noutras moitas, sempre coa alegría por bandeira.

 

Desfibriladores e paneis. Neste ano instaláronse desfibriladores en todos os centros, para aumentar a seguridade tanto do persoal como dos usuarios/as. E tamén se apostou polas enerxías renovables, coa instalación de paneis solares nos centros de Barreiro e Coia.

 

Premios. Tivemos moitas alegrías en forma de recoñecementos. O equipo xestor de Máis que Auga, a través do seu director xeral Francisco Cortegoso, foi elixido como o mellor “xestor deportivo de Galicia”, na gala de entrega dos XII Premios Galicia á Xestión Deportiva. Pero ademais foi un ano de alegría para nosas técnicas Conchy Martínez e María Bautista. Conchy foi elixida mellor árbitra nacional de técnica 2021 e a finais do 22 converteuse en árbitro internacional de combate. Pola súa banda, María Bautista, a primeira árbitra internacional galega de combate dende 2005, tamén logrou esa cualificación en técnica en 2022.

 

Desaparecen as máscaras. Desde o 20 de abril desapareceu a obrigatoriedade do uso de máscaras nos interiores, o cal permitiu tanto aos nosos usuarios/as como ao noso persoal decidir libremente se seguían utilizándoas ou non. Foi un paso máis no tan desexado regreso á normalidade.

 

Campañas de solidariedade. A guerra de Ucraína provocou unha onda de solidariedade en toda a sociedade e en Máis que Auga en concreto, onde a vosa resposta foi espectacular e supuxo a entrega de varias toneladas de alimentos e outros produtos para os máis pequenos (nenos de 0 a 3 anos). Ademais, regresou a Máis que Auga a campaña con Banco de Alimentos (despois de dous anos de ausencia pola pandemia) e o proxecto solidario 0-3 tamén en Nadal.

 

Grandes eventos. Regresou a Máis que Auga o Galicia Aqua Summit, despois dun ano de ausencia pola pandemia, e, ademais, tivemos a sorte de volver desfrutar en Navia da fase previa do World Padel Tour, coas mellores pas do mundo.

 

E así, fomos cubrindo os 365 días do ano para seguir sendo a familia MQA, na que celebramos aniversarios, nacementos, vodas, festas e tamén compartimos os momentos duros e difíciles. Desde Máis que Auga queremos desexarlles a todos os integrantes da familia MQA unha boa despedida de ano e a mellor entrada no 2023!