O 20 DE XANEIRO, FESTA DO ZUMBA E XORNADA DE PORTAS ABERTAS EN MQA

13/01/2024

Reserva o día 20 de xaneiro para ti e Máis que Auga! Temos un plan tanto para ti, que es socio/a, como para amigos/as, familiares ou coñecidos que non o son… Faremos unha xornada de portas abertas nos tres centros de Máis que Auga, para que aquelas persoas que non coñezan as nosas instalacións poidan facer uso das mesmas e así tomar decisións despois de estar en sala fitness, coñecer aos nosos técnicos/as, usar as nosas máquinas, gozar da piscina ou do spa… E se despois de todo iso, queren facerse socio/a… Terán unhas condicións especiais! Se ao finalizar a visita, os facedes socios/as, a matrícula é gratis!

 

Ademais da xornada de portas abertas, organizamos un “especial zumba”, de forma que realizaremos a partir das 10:00 horas dúas clases consecutivas (dunha hora de duración cada unha) nos tres centros Máis que Auga. Será unha actividade tanto para os nosos abonados/as como para externos, aínda que para participar nela debedes inscribirvos antes! No caso dos socios/as, xa coñecedes á perfección o método de reserva (a través da APP ou da web) e recordade que son prazas limitadas. Pola súa banda, os non socios terán que facelo a través da seguinte ligazón. Poderedes elixir centro e clase, pero non volo pensedes moito porque… as clases voan!

Preparádevos para gozar ao máximo da clase, porque os nosos técnicos/as están a preparar algo especial! En cada centro teremos unha dinámica diferente (elixida polos nosos socios/as estes días) e encantaríanos que veñades disfrazados e disfrazadas.

 

En Coia apostan polo “zumba” clásico, con roupa colorida y cómoda para bailar, camisetas sen mangas e zapatillas molonas. Mentres que en Navia e Barreiro botamos a vista atrás e a inspiración é “aerobic anos 80, estilo Eva Nasarre” (a Jane Fonda española deses anos). Se os máis mozos queredes inspiración, unha procura en Google de Eva Nasarre, levábavos a eses looks cheos de colorido e quentadores.

 

Así que… esperámosvos en Máis que Auga con ganas de bailar e de gozar das nosas instalacións nunha xornada especial!