O 2 DE ABRIL, ACTIVIDADE EN FAMILIA EN MÁIS QUE AUGA COIA

29/03/2022

Para este sábado temos un plan en Máis que Auga Coia que a nós parécenos inmellorable! A ver que opinades vós? O sábado 2 de abril (a partir das 17:00 horas) temos Family Training, unha actividade para realizar en familia con dúas probas (unha ao aire libre e a segunda na piscina).  Atraínte, a que si? Imos contarvos un pouco máis.

 

Cada equipo estará formado por un adulto e un neno/a (de entre 5 e 12 anos) e temos expostos para vós dous circuítos.

 

O primeiro será no exterior onde os adultos xogarán en equipo co neno/a realizando un percorrido nas nosas bicicletas estáticas, uníndose despois ao neno para superar xuntos o circuíto de obstáculos.

 

A segunda proba será na piscina e o funcionamento será similar. O titor realizará un percorrido nadando e axudará ao neno a trasladar uns obxectos para despois unirse a el nun circuíto de obstáculos

 

Cal é o obxectivo? Completar cada circuíto, onde o importante será o intre que pasaremos xuntos, as risas aseguradas, o bo ambiente, o coñecer a máis xente e o ter un plan diferente para o sábado no que o deporte ocupará un papel primordial.

 

Esta actividade será gratuíta para os abonados e  cursillistas e, no caso de non selo, o prezo sería de 3,70 para o adulto e de 2,40 para o neno/a. Podedes inscribirvos na recepción de calquera dos nosos centros e lembrade que ten aforo limitado, así que non volo pensedes moito!

 

Rematamos coa invitación da nosa técnica  Nerea á actividade. Esperámosvos!

Family Training