O 17 DE JULIO PECHAMOS A TEMPADA OUTEXPERIENCE CUNHA PROBA DE ORIENTACIÓN NO MONTE DE SAIÁNS

03/07/2022

O 17 de xullo celebramos a festa de final de tempada nas nosas actividades #OutExperience coa Proba de Orientación que imos realizar no Monte de Saiáns, en diferentes modalidades para chegar a todo tipo de público.

 

E é que cremos que as nosas actividades ao aire libre merécense un broche de ouro para pechar o seu primeiro ano de funcionamento, no que a resposta dos nosos abonados/as foi excepcional e ao seu lado vivimos grandes momentos. Por iso, imos celebralo como se merece, cunha actividade para todas e todos, nos que poderemos xogar, pero tamén competir, se é o que vos apetece.

 

A proba de orientación realizarase en diferentes modalidades: Trail, BTT, canicross, sendeirismo, andaina familiar ou individual. As e os participantes poden inscribirse en calquera das competicións e dentro delas, terán liberdade para organizar as súas propias competicións.

 

Queredes saber en que consistirá a proba? A todos os participantes entregaráselles un mapa (vista aérea) no que se marcarán dez balizas, que son as que haberá que atopar nas diferentes actividades. A cita é ás 09:30 no Monte de Saiáns e haberá unha charla explicativa para comezar a proba a partir das 10:00 horas (ata as 13:00 horas). A continuación, fin de festa e despedida, pero seguro que moitos de nós quedamos a comer alí en grupo, como xa fixemos en numerosas ocasións durante esta tempada.

 

Lembrade, que o prazo de inscrición nesta proba abriuse o venres 1 de xullo. É unha actividade gratuíta para os nosos socios/as (aínda que deberán ter o seguro anual para poder realizar actividades no exterior, que ten un prezo de 10 euros e unha vixencia dun ano). Os non abonados, ademais do seguro obrigatorio, terán que pagar 4 euros pola saída. As persoas interesadas poden inscribirse na recepción de calquera dos nosos centros ata completar o aforo.

A continuación, tedes a ligazón para chegar ao punto de encontro.