O 16 DE OUTUBRO ABRIMOS AS RUTAS BTT MÁIS QUE AUGA!

10/10/2021

Era algo que nos reclamabades e puxémonos a iso! Sabemos o moito que vos gustan as actividades no exterior e o certo é que… a nós tamén! así que o 16 de outubro abrimos as rutas BTT Máis que Auga.

 

Será unha actividade que faremos sempre o terceiro sábado de cada mes e xuntos coñeceremos os montes de Vigo e arredores. O sábado 16 de outubro comezaremos coa ruta Vixiador-Trasmañó, no que faremos dous circuítos diferentes. O primeiro, de 10 quilómetros e 270 metros de desnivel, será o máis fácil, con ida e volta polos montes do  Vixiador e Trasmañó. A saída grupal será ás 9:30 horas desde o parque forestal do Vixiador e cunha duración aproximada dunha hora.

 

Tras a primeira saída, aproximadamente ás 11:00 horas, para aqueles que se animen, empezaremos co segundo circuíto, que terá 17 quilómetros e 550 metros de desnivel, “será un pouco máis esixente e percorrerá parte do percorrido curto”, explícanos Dani Domínguez, que foi o técnico encargado de deseñar a ruta.

 

Que necesitades para sumarvos a esta nova aventura con  Máis que  Auga? Unha bicicleta propia e o casco correspondente, un móbil coa APP  Strava para seguir o percorrido e moitas ganas de pasalo ben! Todas as persoas interesadas poderedes reservar a vosa praza (en calquera opción) na recepción dos nosos centros ata completar o grupo. É unha actividade gratuíta para os nosos socios/ as (aínda que deberán ter o seguro anual para poder realizar actividades no exterior, que ten un prezo de 10 euros e unha vixencia dun ano). Os non abonados, ademais do seguro obrigatorio, terán que pagar 4 euros pola saída.

Utilizaremos a APP Strava para seguir e gravar a ruta. Aquí tedes a ligazón para instalala.

Podes botarlle un vistazo aos percorridos en Strava:

E é que como diciamos antes, encántanos realizar actividade física no exterior. Comezamos coas saídas de travesías e  running. Despois chegaron as  andainas, a marcha nórdica e agora incorporamos a bicicleta. A gozar da natureza e a actividade física coa familia Máis que Auga!

A ubicación do punto de saída vai ser a siguiente: