O 15 DE OUTUBRO, NOVA SAÍDA BTT: A MADROA-ROTEIRO DA AUGA-VIXIADOR

10/10/2022

Novo plan OutExperience! Para o día 15 de outubro temos preparadaa segunda saída en bicicleta de montaña (BTT) da tempada 22/23: Faremos o percorrido A Madroa-Roteiro da Auga-Vixiador, que constará de 23,5 quilómetros, cun desnivel positivo de 420 metros e unha duración aproximada de 2 horas e media. Sen ningunha dúbida, un roteiro moi completo, interesante e precioso para o mes de outubro.

 

Pero imos por partes. A cita será o sábado 15 na Madroa (onde o zoolóxico) e comezaremos ás 10:00 horas. Desde alí, por unhas pistas, baixaremos cara ao Roteiro da Auga, en dirección a Redondela. Por esta zona, iremos ascendendo aos poucos para chegar ata a Trasmañó, o parque Coto da Aguia e posteriormente ao Monte Vixiador, desde onde descenderemos para regresar ao zoolóxico novamente.

 

Os nosos imprescindibles. Hai tres elementos absolutamente imprescindibles para esta saída: Bicicleta de montaña e casco propios e, por suposto, un móbil coa aplicación Strava para seguir o percorrido. Tamén é recomendable levar roupa adecuada para realizar esta actividade, unha botella de auga e mesmo algunha barrita enerxética ou froita para repoñer forzas. E non nos podemos esquecer de algo fundamental: ganas de pasalo ben e de combinar deporte, natureza e amigos na mesma actividade.

 

Todas as persoas interesadas poden reservar a praza na recepción dos nosos centros ata completar o grupo. É unha actividade gratuíta para os nosos socios/as (aínda que deberán ter o seguro anual para poder realizar actividades no exterior, que ten un prezo de 10 euros e unha vixencia dun ano). Os non abonados, ademais do seguro obrigatorio, terán que pagar 4,25 euros pola saída.

 

A continuación, deixámosvos a ligazón co punto de saída, así como co percorrido, para que poidades botarlle unha ollada ao mesmo.