O 14 de novembro, charla sobre o parto en Máis que Peques

O día 14 de novembro (11.00 horas) celebrarase no Centro de Ocio Infantil Máis que Peques de Navia a charla “O parto e a forma de afrontalo o mellor posible: O ingreso e estanza no hospital”.

A ponencia, dirixida principalmente a mulleres embarazadas, será impartida por Marta Bernárdez Carbón, enfermeira especialista en Obstetricia e Xinecoloxía e cunha grande experiencia profesional (máis de 12 anos).

Todas as persoas interesadas en asistir á devandita conferencia deberán inscribirse antes do día 13 de novembro a través deste enlace. O custe  desta actividade será de 6 euros para os socios de Máis que Auga e de 10 para as persoas que non sexan abonadas.

Esta é unha das propostas incluídas na programación do Centro de Ocio Infantil Máis que Peques, que conta con talleres infantís e familiares, actividades deportivas ou a organización de cumpreanos ou outros eventos para nenos de 2 a 12 anos.

Inscríbete!