O 1 de xuño, Festimáis a favor de Banco de Alimentos

15/05/2019

Comezamos a carreira da solidariedade! O día 1 de xuño celebraremos a segunda edición do Festimáis, un festival solidario que este ano se adicará á Fundación Banco de Alimentos de Vigo, entidade coa que colabora habitualmente Máis que Auga.

Pero a pesar de que o Festimáis terá lugar o 1 de xuño, o certo é que a actividade quilos solidarios comezará hoxe tanto en auga como en sala. Son dous percorridos diferentes que se porán en marcha de forma simultánea nas tres instalación nunha especie de competición. En sala o obxectivo é facer o Camiño de Santiago Francés, dende Roncesvalles a Santiago. Cada vez que unha persoa participe nesta proba deberá aportar un quilo de alimento non perecedoiro para poder sumar quilómetros e poderán facelo tanto en cinta, como bici ou elíptica. Na piscina faremos unha travesía solidaria dende Fisterre ata a Praia do Vao. E novamente, invitaremos ás e aos nosos usuarios a aportar un quilo de comida e a participar neste reto.

Poderedes pedirlle información @s nos@s técnicos, que os contarán como se desenvolverán as probas, así como van os retos dos diferentes centros.

Festimáis. O próximo día 1 de xuño celebraremos a segunda edición do Festimáis, unha festa solidaria, familiar, deportiva e lúdica, que ten como obxectivo prioritario colaborar coa institución Banco de Alimentos.

Durante toda a xornada (de 9 a 21:00 horas) organizaremos actividades de todo tipo nas nosas instalacións de Navia. Celebraremos varias masterclass ás que estades invitados. Haberá clases de zumba, hipopresivos, ciclo indoor, wodfit games, LesMills… Actuacións e retos para todas as idades e intereses, polo que esperamos que poidades gozar dun día de ocio en familia en Máis que Auga e ademais, axudar a aqueles que máis o necesitan.

Se queredes participar en calquera das nosas masterclass so tedes que apuntarvos na recepción de calquera dos nosos centros e recordade que “o pago” será en alimentos non perecedeiros. Así as e os nosos abonados e cursillistas entregarán 2 quilos de comida, mentres que os demais aportarán catro quilos.

 

No enlace, podedes ver o vídeo promocional da actividade:

https://www.facebook.com/maisqueauga/videos/2343554529030122/