Novo tarifario para a tempada 2016-2017

25/08/2016

Antes de iniciar a nova tempada 2016-2017, desde Máis que Auga queremos agradecerche a túa confianza e anunciarche a boa nova de que mantemos e conxelamos o 90% das nosas tarifas, polo que poderás seguir recibindo os mesmos servizos nas nosas intalacións polo mesmo prezo que na tempada pasada.

Tamén queremos informarte dalgunhas actualizacións de tarifas e novidades, xa aprobadas polo Concello de Vigo, que poden interesarche e que inclúen pequenas modificacións de prezos segundo os días, o horario e as actividades:

  • Reserva de pistas de pádel: se unifica o prezo coa tasa da luz, sufrindo así un lixeiro aumento do prezo na maioría dos tramos. O 90% das reservas pedían o suplemento de luz polo que a unificación destos prezos manterá o prezo final fixo. Ademais, o prezo para o abonado pádel pasará a ser 19,90 euros ó mes. Ampliamos a reserva gratuita das pistas en Barreiro os sábados pola tarde e mantemos o horario de mañán de luns a venres. Pola súa parte, Navia desfrutará da ampliación da denominada franxa valle que comprende de luns a venres de 7.00 horas a 17.00 horas e os sábados de 17.00 horas a 20.30 horas.
  • Clases e cursos da Academia pádel: o prezo sube só 50 céntimos ó mes para os abonados e 1 euros ó mes para os non abonados. 
  • Abono premium: damoslle continuidade unha tempada máis actualizando o prezo do abono premium (adultos de 26-59 anos) a 36,35 euros ó mes. Os socios premium terán aparcamento de balde todo o día en Navia, acceso gratuito ós tres centros Máis que Auga, segundo curso de pago gratuito e mesma tarifa reducida que os abonados pádel nas reservas de pádel.
  • Taquilla de aluguer: o novo prezo das taquillas é de 6,5 euros ó mes, é decir, tan só 21 céntimos ó día. 
  • Clases de Wodfit e Boxeo: recibimos unha alta demanda para incrementar o tempo establecido de 45 minutos das actividades de Wodfit e Boxeo polo que atendendo a estas peticións xa estamos ofrecendo esta duración que continuará a próxima tempada. Este incremento supón un reaxuste no prezo polo que  quedará fixada a cuantía que marca o Concello de Vigo para as actividades que teñen dita duración. En Barreiro e Coia será de 10,80 euros/mes (abonados) e 21,60 euros/mes (non abonados); en Navia será de 11,15 euros/mes (abonados) e 22,20 euros/mes (non abonados). Os usuarios terán tarifa plana ó contratar dous días de cursos, é decir, contratando dous cursos desta actividade pódese acceder a calquera instalación Máis que Auga na que se imparta dito curso.
  • Clases de Ioga, Kick Boxing e Tai-Chi: reaxustamos o prezo a cuantía fixada polo Concello de Vigo para as actividades que teñen unha duración dunha hora.
  • Grupos de adestramento Máis que un Plan (running, travesía e BTT/Bicicleta de estrada): efectuarase un pago no momento da inscrición debido a entrada en vigor desde o 31 de decembro dunha actualización da lei do deporte na que se impuxo o pagamento dun seguro nominal de accidentes para a realización de todo tipo de eventos deportivos aínda que a cota non está fixada xa que se están a manter negociacións coa aseguradora para poder ofrecer o prezo máis reducido posible. As actividades destes grupos quedan de momento aprazadas para o día 1 de outubro, momento no que finaliza a póliza actual do seguro de accidentes deportivos.

Tamén podes obter o noso novo tarifario completo e a información que precises nas nosas instalacións de Coia, Navia e Barreiro.