NOVO ROTEIRO BTT: O SÁBADO 11 DE MARZO FAREMOS O PERCORRIDO GALIÑEIRO-ALOIA

06/03/2023

Seguimos coas nosas actividades #OutExperience! O sábado 11 de marzo teremos roteiro en bicicleta de montaña, entre o Monte Galiñeiro e o Aloia.

 

A saída terá lugar o sábado ás 10:00 horas desde o Galiñeiro e quedarannos por diante 19 quilómetros por un percorrido precioso, con paisaxes moi variadas, vistas incribles, carreiros técnicos e pistas forestais anchas. O desnivel do roteiro é de aproximadamente 500 metros positivos, con dúas subidas pronuncias: Na ida, unha máis técnica, mentres que a volta contará cunha pista moito máis cómoda e mesmo asfaltada. O destino final será o parque natural Monte Aloia, á que chegaremos por unha senda de bosque espectacular, na zona da muralla.

 

Como sempre, lembrámosvos que é conveniente que vaiades preparados para a saída. E para a mesma necesitamos: Bicicleta de montaña, casco, móbil coa aplicación strava, roupa e calzado adecuados, bebida e comida para o traxecto (auga, barritas enerxéticas, froita…) e se é necesario algo de abrigo ou para a chuvia (como sempre, estaremos moi atentos ás previsións meteorolóxicas).

 

Aquí deixámosvos as ligazóns co punto de saída e o roteiro en strava, para que poidades consultalos.

Todas as persoas interesadas poden reservar praza na recepción dos nosos centros ata completar o grupo. É unha actividade gratuíta para os nosos socios/as (aínda que deberán contar co seguro anual para poder realizar actividades no exterior, que ten un prezo de 10 euros e un ano de vixencia). Os non abonados, ademais do seguro obrigatorio, terán que pagar 4,25 euros pola saída.