Novo box de wodfit en Navia: dúas semanas de balde para probalo

02/10/2016

Máis que Auga estrea hoxe nas súas instalacións de Navia un box de wodfit, o novo adestramento de moda. Dende o 3 ao 14 de outubro esta actividade é de balde para todos aqueles que estean interesados en probala. Despois deste período de proba as clases comezan o 17 de outubro.

Os horarios tanto para as xornadas de portas abertas como para as clases son os seguintes:

  • Luns, martes, mércores e xoves ás 11.00 horas
  • Luns e mércores ás 20. 00 horas
  • Martes e Xoves ás 21.00 horas
  • Venres 10.30 horas

O coste da actividade para os socios de Máis que Auga  é de 11,50 euros ao mes un día á semana, mentres que paras os que nos son socios o custo é de 23 euros. Os que se inscriban dous días a semana terán“tarifa plana” para poder asistir ao resto dos  horarios nos que non estean inscritos

O wodift mestura exercicios de forza e alta intensidade nos que se traballan, entre outras aptitudes a potencia e a velocidade.  A prática do wodfit mellora a capacidade aeróbica e resulta moi  eficaz para queimar gran cantidade de grasa nun período curto de tempo.

Máis que Auga conta dende outubro do 2015 con outro  moderno box de wodfit nas instalacións de Barreiro, onde é unha das actividades máis demandadas tanto por homes como por mulleres.