Novato total: a rutina que debes seguir no ximnasio

27/10/2019

Es un novato no mundo do gym e chegas a Máis que Auga máis perdido que un polbo nun garaxe? O primeiro que che queremos dicir é que non te preocupes! Nos nosos centros contarás con técnicos profesionais que te axudarán e guiarán, de forma moi especial nestes primeiros momentos.

Hai multitude de artigos nos que te aconsellan por onde empezar e como. Pero desde aquí ímosche a dar uns consellos previos.

  1. 1. Fala cos nosos técnicos. Explícalles cales son os teus obxectivos, como chegas, que tipo de vida practicas, a túa alimentación… E despois de todo isto, eles/ as diranche por onde comezar e como.
  2. Rutina de acondicionamento básica. Para as primeiras semanas o mellor será optar por unha rutina básica para ir engraxando o corpo, sobre todo se nunca practicaches deporte ou o tes abandonado desde hai moito tempo.
  3. Paciencia. Lembra que os resultados non se van ver dun día para outro. Necesitarás ser constante para ver como evoluciona o teu corpo, pero se fas as cousas ben, a mellora chegará e comezarás a atoparte mellor.
  4. Aprende a técnica. É algo fundamental. Debes aprender ben a técnica dos exercicios para evitar contratempos e lesións, que poden obrigarte a parar. Así que non dubides en preguntar se non o tes claro. Os nosos/ as técnicos/as están para ensinar.
  5. Divírtete. Non te obsesiones nos resultados. Acode ao ximnasio para pasalo ben, so ou acompañado, é un momento de lecer para ti. As clases en grupos poden ser moi positivas para liberar tensión e adrenalina. Pero igual es dos que prefire estar coa túa música ou as túas series e traballar en silencio. Sexa o que sexa, pásao ben. Que o gym non sexa unha obrigación, senón un  hobby.
  6. Boa alimentación. E non esquezas complementar o traballo no ximnasio cunha boa alimentación. Escapa dos alimentos procesados e aposta pola comida real.

 

E tras estes consellos básicos, deixámosvos a ligazón cun artigo no que vos explican ademais cales son os exercicios básicos.