AS NOVAS RESTRICIÓNS HORARIAS MARCADAS POLA XUNTA OBRÍGANOS A CAMBIAR O HORARIO DE PECHE

14/01/2021

As novas restricións establecidas pola Xunta de Galicia para facer fronte a esta terceira onda da COVID-19 obrígannos a adiantar o peche nunha hora e por tanto, os cursos que se celebraban neste último tramo horario sufren modificacións. Ademais, ante o peche perimetral de Vigo, decidimos ofrecerlles a todos os nosos socios/ as ou cursillistas de fóra de Vigo a posibilidade de paralizar temporalmente a súa cota xustificando o lugar de domicilio.

 

Trala orde publicada onte no Diario Oficial de Galicia, a partir de mañá temos un novo horario de peche: 22:00 horas (21:45 horas na zona deportiva). Por iso debemos facer algúns cambios para poder cumprir con este novo horario. Estas modificacións afectarán ás reservas de pádel, e aos cursos de pádel, auga e sala que se celebran na última hora. Nas seguintes ligazóns tedes toda a información de como quedarían en cada un dos casos.

Outras das decisións adoptada pola Xunta é o peche perimetral de todos os municipios, algo que afectará aos nosos usuarios e usuarias de concellos limítrofes. Por iso, a todos os socios ou cursillistas que viven fóra do Concello de Vigo, ofrecémoslles a posibilidade de paralizar temporalmente a súa cota. Para iso deberán enviar un e-mail á conta de correo electrónico do seu centro (barreiro@maisqueauga.com, navia@maisqueauga.com e coia-florida@maisqueauga.com ), no que solicitarán a baixa temporal e aportarán un xustificante do seu domicilio. É imprescindible a presentación deste documento para acceder a esta suspensión temporal. Por suposto, non se pasará o cobro da mensualidade de febreiro se a situación continúa igual e compensaranse os quince días de xaneiro, na primeira quincena trala reanudación.

 

Unha vez máis, atopámonos nunha situación complicada, pero temos a confianza de saber que se facemos as cousas ben, sairemos adiante todos xuntos. Por iso, dende Máis que Auga queremos pedirvos que os coidedes moito a vós e a todos os que os rodean. E lembrade… #ContadeConNós porque nós #ContamosConVós!