Nova cuberta integral para as pistas de pádel de Barreiro

12/03/2019

Máis que Auga vén de finalizar a obra de máis magnitude que se levou a cabo nas pistas de pádel de Barreiro nos últimos anos co cambio integral da súa cuberta para evitar filtracións de auga e cun investimento continuado dende 2017.
Durante os últimos meses traballouse tamén na mellora da pista número 3 de pádel do centro, na que se substituíu o 100% do seu pavimento de moqueta.

As reformas responden ao compromiso constante de Máis que Auga de contar coas mellores instalacións posibles en resposta das demandas dos seus usuarios e usuarias para que eles poidan centrarse no máis importante: gozar do pádel. Pero iso non é todo. Como parte da súa aposta pola mellora constante, nos próximos meses desenvolveranse novos traballos nas pistas de Barreiro, que comezarán pola reforma da pista número 2, que se atopa no interior da instalación.

Dende o 2015, Máis que Auga levou a cabo varias reformas nas pistas de pádel de Barreiro: comezando polo cambio do céspede artificial por moqueta na pista número 3, ou o cambio integral da moqueta en toda a instalación.

Máis que Auga conta con 8 pistas de pádel en Barreiro, unha interior, catro exteriores cubertas e tres exteriores descubertas. Os centros deportivos apostan pola mellora continua dos seus servizos para garantir a máxima calidade aos seus usuarios e usuarias.