Nova clase de ioga en Máis que Auga Navia!

15/02/2018

O ioga é unha das moitas actividades que ofrecemos nas tres intalacións de Máis que Auga. Este mes vimos de introducir unha nova clase en Navia, os luns ás 19.45 horas con Zaira Lago que imparte o Hatha Ioga, estructurando a clase en catro tempos:  exercicios de respiración, saúdo o sol, posturas físicas e relaxación final.

O ioga é unha disciplina que cada vez demanda máis xente porque mellora o estado de saúde xeral buscando o equilibrio entre o corpo e a mente. É importante desbotar esa falsa creenza de que a práctica do ioga é algo estático: é unha disciplina na que se exercita o corpo e tamén se suda.

Existen múltiples razóns para practicar ioga: dende problemas de estrés e ansiedade ata insomnio ou problemas de espalda. O ioga fortalece a musculatura, mellora a elasticidade e combate tanto a rixidez do corpo como da mente.

O corpo necesita dunha parte activa e dinámica e outra de quietude. O ioga busca o equilibrio entre estas dúas partes e a súa  práctica  proporciona un momento de conexión cun mesmo, un tempo de calma e de relaxación no que parar as preocupacións e estar en reposo.

Unha das vantaxes do ioga é que adáptase as necesidades de cada un polo que poden practicalo persoas de distintas idades e diversas capacidades. Na web maisqueauga.com podes ver todos os horarios das nosas clases en cada un dos centros e escoller o que máis te conveña.