Nos nosos ximnasios en Vigo melloras a túa saúde e o teu benestar

06/03/2018

En Máis que Auga queremos que descubras os beneficios e o pracer que aporta a práctica deportiva en calquera dos nosos ximnasios en Vigo. Nos nosos centros de Barreiro, Coia e Navia, temos a maior oferta de actividades dirixidas da cidade para que podas escoller a que máis se adapte ao teu perfil, gustos, obxectivos e necesidades. Se o teu obxectivo é a saúde e o benestar, este é o teu ximnasio.

Para o fitness tes actividades de baixa, media e alta intensidade como Gap, Xtrem e Body Cross.  En Máis que Auga dámoslle moito protagonismo ás actividades nas que se desenvolven as habilidades rítmicas como Aerobic, Step, Zumba e Fitball Drums. Na nosa páxina www.maisqueauga.com podes consultar todas as actividades e os seus  horarios.

Experiencias deportivas nos teus ximnasios en Vigo

Nos nosos ximnasios en Vigo ofrecémosche  experiencias deportivas que che axudan  a liberar o estrés e a esquecer a rutina diaria: pasámolo ben mentres realizamos unha actividade física. De aí o éxito de todas as actividades coreografiadas.

En Máis que Auga contamos cun equipo técnico moi preparado: 120 profesionais sempre dispostos a atender as necesidades deportivas dos nosos clientes. Persoal formado e acreditado. Somos persoas que atenden a persoas e ofrecemos asesoramento continuo e motivación tamaño XXL.

Todo o equipo de Máis que Auga está sempre atento ás novidades que xurden no sector do fitness para ofrece as últimas tendencia, por eso os nosos  profesionais están reciclándose continuamente con cursos de formación e os nosos directores técnicos acuden ás grandes ferias do mercado.

Nosas salas fitness  non son só un simple espazo cheo de máquinas, senón que son zonas multiárea nas que os técnicos están continuamente dinamizando a sala con clases express de 20 minutos. Queremos que os nosos usuarios optimicen o tempo do que dispoñen para vir ao ximnasio, por eso ofrecemos a posibilidade de traballar en pequenos grupos con actividades de alta intensidade. Todas as nosas clases son presenciais.

Na nosa páxina web maisqueauga.com podes atopar toda a oferta de actividades dirixidas e coreografiadas que impartimos nos nosos ximnasios en Vigo en BarreiroCoia e Navia.  Xa tes xa claro por qué Máis que Auga é o teu reto deportivo diario?