Non te perdas o último número do noso boletín informativo Máis News!

10/03/2020

Xa podes ler o último número do noso boletín informativo Máis News, no que faremos un percorrido polas novas actividades de seco para os peques, coñeceremos a nova APP de Máis que Auga e viviremos a campaña “Satisf-accións”.

 

Actividades para nenos/as. A partir do 1 de marzo, ampliáronse os cursos de sala incluídos no abono para os nenos Máis que Auga. Así, contarán cunha oferta de 10 ou máis actividades por centro para nenos de 4 a 8 anos (kids) e de 9-14 (júnior). Zumba, wodfit, pump e combat para eles!

 

APP Máis que Auga. Aínda non a tes? A que esperas? So tes que instalala no teu móbil (é gratuíta) e terás todo Máis que Auga na túa mán. Poderas reservar clases e outros servicios, consultar os horarios, coñecer o teu adestramento, estar informados de todas as novidades…

 

E por último, non os perdades a campaña Satisf-accións, na que os novos socios/as poderán incorporarse a nosa familia coa matrícula gratuita. Iso si, debes darte prisa e darte de alta antes do 15 de marzo. Ademais,  na campaña  premiaremos a fidelidade dos nosos abonados e abonadas. De tal forma que se algún amigo ou familiar dase de alta na primeira quincena de marzo, decindo que ven da túa parte, terás unha mensualidade gratuita e o teu recomendado, matrícula gratis.

 

E non deixedes de ver os vídeos nos que os nosos abonados  son os protagonistas. Eles cóntannos de primeira man cal é a súa relación co centro e o que supón Máis que Auga na súa vida.

 

No botón, podedes ver o boletín informativo Máis News