Técnicos deportivos en gimnasios en Vigo

Non poñas escusas: comezamos!

03/09/2017

Agora sí que comezamos! Nada de escusas: é setembro e toca ordenar un pouco a vida  e pór remedio aos excesos do verán. Tanto o equipo como as instalacións de Máis que Auga,(sala fitness, piscinas, spa e pistas de pádel) xa están funcionando a pleno rendemento. Durante os pasados meses traballamos duro para que todo estivera a punto á volta das túas vacacións e… obxectivo cumprido!

Ademáis das labores de mantemento na zona de agua dos tres centros de Barreiro, Coia e Navia, levamos a cabo melloras en infraestructuras e equipamentos. Vimos de facer un investimento importante renovando os equipos deportivos, como é o caso das novas máquinas para practicar o triatlón indoor co skierg, a wattbike e o remorgómetro. Renovatmos boxes de wodfit e instalamos solos técnicos para mellorar a práctica de certas especialidades. Tamén redistribuimos espazos para facerte máis cómodo o teu día a día nos nosos ximnasios.

Na nosa páxina web maisqueauga.com podes consultar a información sobre todas as actividades ás que podes acceder nos nosos centros cos seus respectivos horarios. Non esquezas consultalos para facer o teu propio plan de adestramento. Ademais tamén podes reservar as túas clases con antelación sen necesidade de facelo no centro.

Xa sabes que o noso reto principal é axudarte a levar unha vida saudable, coa práctica do exercicio e o deporte, eso sí, pasándoo ben. Así que se estás lendo esto e aínda non es socio de Máis que Auga corre a apuntarte. Garantizámosche que che cambiará a vida: non tes mellores instalacións, mellores infraestructuras e sobre todo mellor equipo en todo Vigo.  Queremos que tí tamén sexas Máis que Auga. Comezamos!