NO VERÁN ESTREAREMOS EN MÁIS QUE AUGA COIA A MÁQUINA GLUTE DRIVE

04/07/2023

O verán é época de renovación e este ano non vai ser diferente. Ao longo destes meses estivais poderedes ir vendo como chegan algunhas novidades aos nosos centros Máis que Auga. Hoxe queremos informarvos sobre o que vos espera na instalación de Coia.

 

As principais modificacións ides aprecialas na zona de peso libre, onde comezaremos polo cambio de chan e ademais teremos novas incorporacións importantes, como racs, arco de polea, multiestación 8 estaciones… Pero a principal novidade será o Hammer Strength Glutte Drive, unha máquina que servirá fundamentalmente para traballar os glúteos e que ata o de agora non tiñamos en Coia.

 

A máquina Glute Drive con pesas libres guiadas é un equipo de alto rendemento, que che permitirá o movemento funcional para traballar a potencia posterior. Así, os usuarios e usuarias non necesitarán barras de pesas, bancos con mancuernas ou outros aparellos para realizar o movemento.

 

Ofrece unha entrada e saída sinxela, carga polos dous lados e ganchos de banda para variar as resistencias. O respaldo redondo facilita o uso, mentres que a plataforma para os pés ofrece unha maior estabilidade.

 

Nesta ligazón, poderedes coñecer mellor o seu funcionamento.

Glutte Drive

As novas incorporacións espéranse a finais do mes de xullo, cando xa poderedes comezar a gozar delas.

 

Recuperamos a sauna

Seguro que lembrades que hai unhas semanas produciuse un incidente na sauna de Coia, por culpa dun curtocircuíto que provocou un incendio e queimou a sauna. Evidentemente, houbo que repoñela e precisamente mañá comeza a instalación da nova sauna seca e moi pronto poderedes inaugurala!