No Nadal, non descoides a actividade física e aposta por comidas caseiras

11/12/2019

Achéganse as festas do Nadal e todas e todos pensamos nesas comidas e ceas copiosas, que en moitos casos xa comezaron coas ceas de Nadal das empresas ou amigos. Cos banquetes esaxerados chegan os quilos de máis e os enfados cun mesmo por unhas semanas de descontrol.

En  Máis que  Auga encántanos o Nadal e animámosvos a vivilo e gozalo, pero cuns cantos consellos do noso Gabinete de Nutrición e Dietética, poderedes facelo sen problemas. Como sempre, o sentido común é fundamental!

 

  • NON DESCOIDES A ACTIVIDADE FÍSICA
  • Sempre que poidas, sal dar un paseo. Aproveita este momento para gozar da maxia do Nadal ao aire libre. Goza das decoracións do Nadal da túa cidade, camiña cos teus amigos…
  • O baile é unha boa maneira de facelo. Pon algo de música e déixate levar.
  • Organiza as actividades cos nenos en lugares espazosos e onde se lles incentive a realizar actividade física (correr, bailar, xogar, etc.).
  • Na instalación: os nosos técnicos motivarante nas clases para queimar esas calorías de máis. Será divertido!

 

  • COMIDAS CASEIRA E SEN ATRACONES
  • Substitúe as salsas industriais por salsas caseiras e vinagretas
  • Tenta substituír sobremesas industriais por sobremesas caseiras. Atréveste a elaboralas?
  • Prepara uns entrantes lixeiros. Aquí tes algunhas propostas sinxelas de elaborar, saborosas e lixeiras: cherrys recheos de queixo fresco, pementos do  piquillo recheos de  paté de  atún,  espárragos, ensalada con froita, mexillóns ao vapor…
  • Goza dos pratos tradicionais do teu fogar e da compañía. Sen ningunha dúbida é o mellor momento, pero non é necesario indigestarse! Come con moderación e así poderás vivir cada momento.
  • Non abuses do sal
  • A auga é sempre a mellor opción. Non bebas só alcol.
  • Os días especiais abúsase de proteína animal; anímaste o resto de días a facelo con proteína vexetal?

 

Con estas sinxelas pautas poderás gozar dun Nadal repleto de grandes momentos sen  atracones e indixestións. Se necesitas máis información, podes resolver todas as túas dúbidas no Servizo de Nutrición e Dietética en  Máis que  Auga Navia.