No Día Mundial Contra a Obesidade apostamos pola comida sá e a actividade física

12/11/2019

Hoxe 12 de novembro é o Día Mundial Contra a Obesidade, xornada que busca concienciar ás persoas sobre o que é xa un problema de saúde a nivel mundial que, segundo datos da Organización Mundial da Saúde (OMS), alcanzou proporcións epidémicas. Desde 1975 esta enfermidade triplicouse e na actualidade, o 25% da poboación española é obesa ou ten problemas de sobrepeso e en menores de 8 a 16 anos, o 34,9 % dos nenos españois sofren de sobrepeso. E que significa todo isto? Este sector da poboación ten un risco maior de sufrir enfermidades graves e ademais supón un enorme custo económico para os sistemas públicos de saúde.

 

Coñecido o problema é necesario buscar solucións e a maior parte delas dependen de nós mesmos. O primeiro é escapar dunha dieta alta en graxas e azucres e apostar por comida natural, sa e equilibrada, na que consumamos produtos de tempada e de forma especial froitas, hortalizas e legumes.  Adios á comida de trapallada!

 

Pero ademais, é necesario unha rutina de exercicio que nos permita evitar a acumulación de graxa. A falta de exercicio tamén pode carrexar sobrepeso, e son moitas as persoas que traballan sentadas nun escritorio fronte ao computador durante longas xornadas laborais.

 

Así, acudir ao ximnasio axuda a combater a obesidade ou o sobrepeso, pero ademais contribúe a manter o teu corpo san. A práctica de actividades físicas de forma regular reduce o risco de padecer enfermidades cardiovasculares, diabetes e mesmo cancro, segundo aparece recollido en diferentes estudos médicos.

 

Por iso, desde Máis que Auga queremos animarvos a coidar o voso corpo e a vosa mente e con iso tamén estaredes coidado a vosa saúde. Temos á vosa disposición o gabinete de nutrición (en Navia) para axudarvos a elixir a comida que máis vos beneficiará e sempre de forma natural. Mediremos o voso corpo co escáner Styku, que realizará unha imaxe do voso corpo en tres dimensións e que nos permitirá ir vendo a evolución a medida que o exercicio e a alimentación adecuada van facendo efecto.

 

E para facer exercicio tedes todo tipo de opción: Sala, piscina ou pádel; en solitario ou en grupo, e sempre coa axuda dos nosos técnicos/as, que vos asesorarán para que alcancedes os vosos obxectivos da mellor forma posible. Obxectivos realistas, lembrade que non hai fórmulas máxicas inmediatas, o que si sucederá é que se apostas por unha comida sa e comezas a realizar actividade física, aos poucos te atoparás mellor e comezarás a ver os resultados.