NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA NÓRDICA CON FÁTIMA E JOSIÑO

09/06/2021

Esta fin de semana celebrouse na Coruña o Campionato de España de Marcha Nórdica e Máis que Auga contou con dous representantes entre os participantes. Eles son Josiño Rodríguez e Fátima Alonso, que viviron esta cita como unha experiencia única e inesquecible.

 

Ambos chegaron á marcha nórdica hai relativamente pouco tempo. Josiño explicounos que “levo aproximadamente dous anos e medio, desde que en outubro do 2018 acudín a unha masterclass sobre Marcha Nórdica impartida por Cristina González en MQA Navia. Eu facía marcha nórdica, pero ao meu estilo e sen nada de técnica. Ese día, saímos a camiñar con ela e nos ensinou algunhas nocións básicas. Despois, cando comezaron as clases de marcha nórdica en Coia, me apuntei. E ata hoxe”.

 

Josiño é un dos habituais nas marchas que celebra Máis que Auga e recoñece que é unha actividade que lle encanta  e procura non perderse ningunha. E como chegou a chamada da selección? Pois tamén a través de Máis que Auga!

 

Este ano celebrábase o Campionato de España de Marcha Nórdica en Galicia (A Coruña) e por iso, a Federación Galega de Montañismo pensou que era o momento de crear a primeira selección galega de marcha nórdica. Así que o seleccionador Nacho García comezou a poñerse en contacto cos clubs ou ximnasios nos que había marcha e así contactou cos técnicos de Máis que Auga. “Eles falaron con nós, para preguntarnos se nos interesaría facer unha proba e aí nos fomos”, conta Josiño. Foi en Castrelos e tanto Josiño como Fátima foron seleccionados. Non houbo moito tempo para adestramentos (tan só dous), pero o que si nos deixaron claro é que desfrutaron ao máximo da experiencia e se continúa adiante, estarían encantados de repetir.

 

Foron 14 quilómetros de proba polo parque da Torre de Hércules, unha zona bastante ventosa e esixente, pero sen dúbida única, e moitos bos momentos para gozar dun deporte que, pouco a pouco, vai gañando adeptos. Fátima explicounos que o mellor da proba foi, sen dúbida, “o ambiente entre os propios participantes. Estando competindo uns se van animando aos outros. Notei moita cercanía. Aínda que acabei morta, sen dúbida repetiría”.

 

 

Fátima chegou á marcha nórdica hai so un ano, xusto despois do confinamento. “Eu ía a natación en Máis que Auga e quería facer algo máis, pero non me apetecía sala, quería algo ao aire libre. Entón comenteino con Dani, que é o meu técnico en natación, e me falou da marcha nórdica, de como eras as clases no exterior. Animeime a probar e estou encantada”.

 

Sobre a marcha nórdica, a nosa socia destaca que “aínda que parece que non fas nada, o certo é que enseguida notas como fortaleces brazos e pernas. Ademais, no meu caso, tiña problemas de costas, e ao ter que manter unha posición erguida, corrixín a postura e mellorei moito”.

 

Fátima, igual que Josiño, é unha habitual nas saídas que organiza Máis que Auga e asegura que o pasa moi ben xa que se xuntan varias cousas: Deporte, natureza e contacto coa xente. “É unha das grandes cousas de Máis que Auga, que non hai noutros ximnasios. Sempre fas grupo e é máis familiar, polo que ao final o pasas moi ben coa xente”.

 

Igual algún querería saber como quedaron os nosos rapaces, por o certo é que non lles preguntamos. O único que nos interesaba é como fora a experiencia e nos quedou moi claro que a gozaron ao máximo e que repetirían. Así que este é o mellor resultado.