NESTAS FESTAS, VIDA E COMIDA SA

30/12/2020

Chegan as festas do Nadal e parece que os excesos son normais… pero NON! Desde o gabinete de  Máis que  Auga, a nosa  nutricionista Conchi  Adrover, quere lembrarnos que é posible pasar unhas magníficas festas comendo ben e facendo unha vida sa.

 

E que ninguén se equivoque, comer san para nada significa que sexa aburrido ou eslamiado. Nestas festas, que estamos máis tempo en casa, podemos aproveitar para cociñar e, como sempre nos aconsella Conchi, escapar dos produtos procesados. Que pode ser máis san e rico que un prato elaborado por ti! Desde unhas cremas exquisitas a calquera marisco, e un peixe ao forno ou unha rica carne á prancha serán deliciosos en calquera mesa. E de sobremesa, opta por algo lixeiro, sobre todo se é de cea, e, unha vez máis, se é unha sobremesa caseira, moito mellor para todos!

 

E outra das claves que nos transmiten desde o gabinete de nutrición, é que debemos continuar cunha vida activa. Así que se despois da comida, toda a familia vai dar un paseo, sen dúbida o teu corpo agradeceracho, ademais de pasar un intre ao aire libre cos teus.

 

A mensaxe que nos quere transmitir Conchi  Adrover nestas festas é moi claro: “Non descoides o traballo de todo o ano en Nadal! Seguimos comendo e adestrando ben, sen relaxarnos, pero gozando destas datas, porque ambas as cousas son compatibles”.

 

Así que agora que chega o día de Fin de Ano e o de Ano Novo, animámosvos a realizar un menú equilibrado, sen excesos, pero igualmente rico e suxestivo. Lembrade que para cear é mellor que sexa unha proposta lixeira, xa que sentará mellor a todos e o que queremos é deixar atrás este 2020 tan “complicado” e iniciar o 2021 coa maior das ilusións. E lembra que o día 2 de xaneiro, estaremos a che esperar en  Máis que  Auga, para seguir facendo deporte e gozar dunha vida sa e saudable todos xuntos.