Nenos máis creativos e felices grazas ao ioga en Máis que Auga

13/10/2016

Máis que Auga preocúpase polo benestar físico e psíquico dos nenos, por elo na súa programación inclúe sempre actividades pensadas para eles. Nas áreas deportivas de Barreiro e Coia impártense clases de ioga (Ioga Kids) para alumnos a partires dos 5 anos. As clases son en horario de tarde e teñen un prezo de 8,10 euros mensuais para abonados e de 16,20 euros mensuais para eventuais.

No caso dos nenos, o ioga é un recurso estupendo para:

  • Estimular o sentido da percepción da postura e do equilibrio
  • Mellorar  a psicomotricidade
  • Reforzar a autoestima e a capacidade de concentración e relaxación
  • Aprender a xestionar as emocións

Nas clases de ioga de Máis que Auga o neno aprende a coñecerse a sí mesmo e despois a relacionarse e comunicarse co seu entorno. As técnicas que se empregan nas clases son as seguintes:

  • Exercicios de control respiratorio que permiten unha boa osixenación e contribúen a un estado de relaxación e concentración.
  • Posturas sinxelas nas que se traballa a globalidade do corpo
  • Relaxacion:  Axúdaselle ao neno  a esquecer  situacións de presión e tensión que teña na escola ou na casa e a afrontar situacións complicadas con tranquilidade. A creatividade do neno medra cun estado de ánimo relaxado e permítelle atopar con máis facilidade unha solución a cada problema
  • Meditación: O neno habitúase a meditar (ao través de cantos, mandalas, visualizacións) e mellora a súa capacidade de concentración, a tolerancia á frustración, e incluso a súa empatía e sociabilidade