Navia abre ao público

20/09/2015

O novo centro deportivo Máis que Auga en Navia entra en funcionamento, sumándose ás instalacións xa existentes en Vigo en Barreiro e Coia. Navia abre as súas portas ao público o luns 21 de setembro a partir das 07:00 horas.

Para facilitar o cómodo acceso de todos lembramos que é necesario recoller a vosa pulseira ou tarxeta para utilizar o centro e que ademais está aberto o prazo para resolver trámites pendentes como:

  • Integrar membros no abono familiar.
  • Entrega/Sinatura documentación pendente.
  • Facer foto para a ficha interna.

Agradecémosvos a vosa colaboración para anticipar estes trámites e facilitar así o acceso de todos ao centro.

Lembra que podes inscribirte desde esta web en calquera dos centros Máis que Auga ou ben facelo de xeito presencial nas instalacións de Navia, Barreiro ou Coia.