NATUREZA, XOGOS E MOITO DEPORTE, NO CAMPUS DE SEMANA SANTA DE MÁIS QUE AUGA

16/04/2023

Esta Semana Santa regresaron os campus a Máis que Auga Navia e con eles a alegría! Os pequenos/as (de 3 a 12 anos) asolagaron as nosas instalacións da súa maxia e gozaron de cada unha das actividades que programamos para eles.

 

En Máis que Auga os nosos campus son de multideporte, xa que fomentamos principalmente a actividade física e ademais este ano tamén fixemos unha aposta polo medioambiente. Desta forma, os nosos nenos/as gozaron ao máximo co pádel, a piscina ou os bailes no centro, pero sorprendéronse moito coas saídas previstas. Un día realizaron un xogo de orientación, que sempre lles encanta, xa que teñen que seguir as pistas para chegar ao “tesouro”. Pero tamén foi moi especial o roteiro que realizaron polo Lagares no que se fixo fincapé na necesidade de coidar o planeta e fixemos unha recollida de lixo.

E para acabar, só tedes que ver as caras dos pequenos na súa incursión no surf (para os maiores de 7 anos). Foi incrible velos gozar das ondas, despois de aprender os movementos co técnico responsable.

 

Campus de verán

E despois do resultado do Campus de Semana Santa, xa nos puxemos ao choio a preparar o Campus de Verán. Estamos a buscar saídas interesantes para os nosos mozos intrépidos, que xa nos demostraron que lles encanta estar en contacto coa natureza e tamén coidala.

 

Así que vos iremos informando das aventuras que imos programar para que os nosos peques MQA gocen do verán!