A natación, o deporte máis terapéutico para o corazón

22/08/2019

Sabedes  cal é o deporte que  máis e mellor coida o corazón? A natación! Non é unha afirmación  gratuíta, senón que vén avalada  por un estudo realizado en Gran Bretaña no que os investigadores analizaron os hábitos deportivos de máis de 80.000 británicos aos que se fixo un seguimento durante nove anos.

Nas conclusións do estudo afírmase que un dos deportes que reduce en maior porcentaxe a probabilidade de morrer de infarto é a natación (xunto cos deportes de raqueta e o aeróbic). O experto en medicina do deporte deste estudo revela que a natación, ademais de ser un exercicio  aeróbico que traballa o sistema cardiovascular, tamén estimula o desenvolvemento muscular e a coordinación  neuro-muscular.

Son varios os efectos positivos da natación sobre a nosa saúde. Ademais do que sostén este informe –no que consideran que é o deporte máis saudable para o corazón e o aparello respiratorio-, tamén podemos destacar que mellora as funcións intelectuais do cerebro, agudiza a percepción e os sentidos, e tamén é unha magnífica terapia anti-depresiva e anti-estres.

E despois de ler todo isto… que nos queda? Pois aproveitar as magníficas piscinas de  Máis que  Auga e sumarvos a algunhas das actividades de auga que vos ofrecemos: Os diferentes cursos de natación segundo o nivel do alumnado,  aquagym ou  zumbagua, actividade física na auga…

A continuación, tedes dúas ligazóns. Na da esquerda, poderedes ler un completo artigo no que  analiza este estudo e profunda nos beneficios que a natación achega á saúde. E no da dereita, podes informarvos sobre as diferentes actividades que  Máis que  Auga ofrece na auga para os seus  usuarios, tanto nenos como adultos.