Mujeres en clases para embarazadas en gimnasio Vigo

Nais Fitmom, embarazadas en forma

31/01/2017

Noelia ten 36 anos e vai ser nai por segunda vez. Elena ten 39 e vai ter o seu primeiro fillo. As dúas van ás clases de Fitmon nas instalacións de Máis que Auga Navia. Ao Fitmom se pode acudir dende as 12 semanas de xestación ata saír de contas, sempre que se teña o consetimento do médico ou o certificado da matrona.

Noelia, que está embarazada de 27 semanas, nos explica que ten un traballo moi sedentario e que ésta e unha maneira perfecta de moverse.  Para Noelia tamén é moi importante o feito de que nos 45 minutos que dura a clase pode relaxarse e botar o freno ao seu día a día no que normalmente anda ás carreiras.

Elena está na semana 19 de embarazo e asegura que senon fora polas clases botaría toda o día durmindo. O Fitmom obrígalle a moverse pero sobre todo a relacionarse con outras futuras nais: así pode compartir experienza, solventar dúbidas e sentirse acompañada.

O Fitmom é unha actividade que mestura exercicios suaves de ioga e pilates dirixidos e adaptados ás que ides ser nais. O exercicio que se fai aporta benestar á nai e ao bebé. Nas clases tráballase a mobilidade pélvica, a prevención e disminución de dores de espalda e a tonificación de diversos grupos musculares.  Unha parte moi importante do Fitmom é a relaxación  e a respiración.

O Fitmom se pode complementar perfectamente con outra das nosas clases: Embarazauga, exercicios para embarazadas na auga que impartimos nos centros de Barreiro, Coia e Navia. E por suposto, unha vez que es nai, podes vir a recuperarte ás clases de posparto, tamén nos centros de Coia e Navia