Magnífica a actuación do vigués Nacho Vilariño no Vigo Open 2019, do Circuíto Internacional de Pádel. O usuario de Máis que Auga logrou hoxe, primeiro a clasificación para a previa e pola tarde, o pase á segunda rolda da previa. O público, que enchía as instalación de Máis que Auga Navia, puido gozar co xogo da parella Vilariño-Sanz.
Pola mañá Vilariño e o seu compañeiro Jon Sanz enfrontaban o terceiro e definitivo partido da pre-previa ante Aitor García Bassas e David García Campos, que se decidiu de forma clara a favor da parella de casa (6-2 e 6-3). Durante todo o día foi evidente que o público tiña un obxectivo e ese era ver gañar a “Vila”. O propio xogador destacaba o apoio da xente que acudiu de forma masiva a Navia e pola tarde, o cheo era aínda maior.
Xa na previa, a primeira rolda celebrada pola tarde foi contra Pedro Vera e Javier Redondo. Disputaron un partido intenso e brillante, no que novamente Vilariño e Sanz foron imparables e lograron a vitoria en só dous sets (6-4 e 6-3).
Agora, a pola segunda rolda da previa, nesta ocasión contra Gonzalo Díaz e Aday Santana (mañá, 09:00 horas).

As xemelgas Barciela, tras vencer.
Ademais, na pre-previa feminina as xemelgas viguesas Carla e Sabela Barciela venceron con contundencia no seu primeiro duelo contra as portuguesas Catarina Castro e Bárbara Soraia Coelho (2-6 e 2-6) e mañá enfrontaranse ás 11:00 a o dueto Ingrid Van Boven/Eva Gayoso.
Hoxe tamén xogaron e venceron a viguesa Tamara Aranda xunto con Carmen León e lograron o pase para a segunda rolda que tamén se celebrará mañá ás 11:00 horas en Navia contra Magdalena Pérez e Marta Borrero.
Mañá tamén xogarán no Vigo Open 2019 os galegos Borja Iribarren (9:00 horas), Ana Alicia Seijas (17:00 horas) e Silvia López (17:00 horas). A entrada nas instalacións de Máis que Auga Navia é gratuíta ata encher o aforo.